Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lara Méndez habilita o Pavillón Municipal para as persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do Transeúnte

O Goberno de Lara Méndez habilita o Pavillón Municipal para as persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do Transeúnte

Decretouse o seu cambio de uso temporal por se fose necesario utilizalo co fin de darlle maior cobertura ás necesidades de pernoita dos colectivos vulnerables.

 
  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade
Luns, 16 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez habilita o Pavillón Municipal para as persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do Transeúnte

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou esta mañá un decreto para cambiarlle o uso, de xeito temporal, ao pavillón municipal de Deportes, sito na rúa Santiago, por se é necesario habilitalo para acoller ás persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do Transeúnte. O obxectivo é garantir as demandas sociais e non deixar a ninguén que o necesite na rúa.

O Goberno local, a través concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores, traballa para cubrir todas as necesidades co obxectivo frear o nivel de contaxio do coronavirus, en especial entre os colectivos máis vulnerables que non teñan onde pernoitar.

A concellería traballa en contacto tamén coa Cruz Vermella, entidade que xa amosou a súa vontade de colaborar no que sexa preciso.

Esta medida súmase aos reforzos que se aplicaron ao Fogar do Transeúnte, que permanecerá aberto as 24 horas e que ampliará tamén as quendas para dar de xantar ás persoas que o necesiten.

“Tratamos de satisfacer as necesidades materiais e de convivencia daquelas persoas que se enfrontan ás medidas de illamento decretadas e que teñen menos recursos para superar esta situación de risco”, sostivo a concelleira de Benestar, Olga López. “Paliar estas necesidades esixe adoptar medidas excepcionais”, aseverou.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lara-mendez-habilita-o-pavillon-municipal-para-persoas-sen-teito-que-non-tenan