Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno de Lara Méndez anuncia a convocatoria de subvencións para a promoción da igualdade e a favor dos dereitos LGTBIQA+

O Goberno de Lara Méndez anuncia a convocatoria de subvencións para a promoción da igualdade e a favor dos dereitos LGTBIQA+

O prazo para presentar solicitudes a esta convocatoria, dotada de 32.100 euros, é de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación oficial, é dicir, ata o 4 de agosto.

  • Tema
    • Subvencións municipais,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos
Mércores, 13 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez anuncia a convocatoria de subvencións para a promoción da igualdade e a favor dos dereitos LGTBIQA+

Tras a aprobación o pasado 29 de xullo en Xunta de Goberno, o Boletín Oficial da Provincia publica hoxe mércores, 13 de xullo, as bases xerais reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da promoción da igualdade de xénero a través do deporte feminino, o ocio e as actividades culturais que potencian a integración da muller, ou na promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia LGTBI+ e sobre diversidade sexual e de xénero.

Segundo informou a rexedora de Lugo, estas axudas “están dirixidas a clubs e/ou entidades deportivas locais que desenvolven a súa actividade no eido da promoción de igualdade de xénero, no fomento do deporte feminino, na integración da muller ou na promoción orientación, asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia de LGTBI+ no exercicio 2022”.

"A igualdade é unha das principais liñas estratéxicas de actuación que levamos a cabo de xeito transversal dende o Goberno de Lara Méndez. Por elo, e dende o marco das nosas competencias, apostamos de novo pola convocatoria destas subvencións, xa que consideramos indispensable apoiar e tender a man a todos os colectivos que, do mesmo xeito que o Concello, traballen comprometidos polo fomento da igualdade e na loita contra as violencias machistas", destacou a Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, quen anunciou que o prazo presentar solicitudes a esta convocatoria, dotada de 32.100 euros, é de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación oficial, é dicir, ata o 4 de agosto.

Existen dúas liñas de subvención:

  • a) Para a promoción da igualdade de xénero, o fomento do deporte feminino, ocio e actividades culturais que fomenten a integración da muller.
  • b) Para a promoción de proxectos en favor de colectivos afectivo-sexuais (orientación, asesoramento e formación sobre dereitos humanos en materia LGTBIQ+ e sobre diversidade sexual e de xénero).

Só se recibirá subvención para unha única liña de subvención de xeito que de solicitarse para as dúas o órgano municipal competente decidirá cal é a liña que recibirá, se é o caso, subvención.

Poderanse acoller a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que estén legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que teñan ao corrente as súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social, e teñan xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.

Audio

  • A concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, sobre ás Subvencións para a Promoción da Igualdade e a Favor dos Dereitos LGTBIQA+ | Descargar mp3 [1]

Máis info

  • ACORDO XGL-SUBV. CONCORRENCIA IGUALDADE 2022 | Descargar pdf [2]
  • ANEXOS SUBV. CONCORRENCIA IGUALDADE 2022 (TR. 919) | Descargar pdf [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-de-lara-mendez-anuncia-convocatoria-de-subvencions-para-promocion-da-igualdade-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/130722_subvencions_para_a_promocion_da_igualdade_e_a_favor_dos_dereitos_lgtbiqa.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/14-382_acordo_xgl-subv._concorrencia_de_igualdade_2022.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/919_anexos_subv._concurrencia_igualdade_2022-.pdf