Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Executivo de Paula Alvarellos revitaliza espazos de ocio xuvenil en Lugo a través da arte urbana

O Executivo de Paula Alvarellos revitaliza espazos de ocio xuvenil en Lugo a través da arte urbana

Máis de 15 mozos e mozas participaron na creación artística de dous murais na Praza Viana do Castelo e na Casa Clara Campoamor.

A actividade buscou promover valores como o traballo en equipo e o compromiso coa mellora dos espazos públicos.

"Esta iniciativa afasta á mocidade de condutas aditivas e involucraos na transformación da súa contorna", destaca o concelleiro Jorge Bustos.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 04 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos revitaliza espazos de ocio xuvenil en Lugo a través da arte urbana

O Executivo de Paula Alvarellos revitaliza espazos de ocio xuvenil en Lugo a través da arte urbana. A Área de Xuventude concluíu con éxito unha actividade de pintura mural, na que máis de 15 mozos e mozas de entre 14 e 35 anos participaron produtivamente. Esta iniciativa, que se desenvolveu ao longo do mes de xullo, tivo como obxectivo o acondicionamento de dous muros situados na Praza Viana do Castelo e na Casa Clara Campoamor.

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, destacou a importancia desta actividade como ferramenta para involucrar á mocidade na mellora dos espazos públicos e promover valores como o traballo en equipo e o compromiso coa comunidade. "O obxectivo é que os mozos non só disfruten dunha actividade creativa, senón que tamén se sintan partícipes da transformación e embelecemento da súa contorna, poñendo en valor espazos que antes estaban abandonados ou en desuso", subliñou.

Ao longo das diferentes xornadas, os participantes traballaron man a man co artista Rubén Paz, quen lles ensinou as técnicas básicas da pintura mural e os guiou no proceso creativo. A actividade non só permitiu que a mocidade desenvolvese habilidades artísticas, senón que tamén fomentou o traballo en equipo e a cooperación entre os participantes.

Jorge Bustos quixo tamén poñer en valor o impacto positivo que actividades coma esta teñen na xuventude, afastándoos de condutas que poidan derivar en adiccións. "Esta iniciativa afasta á mocidade de condutas aditivas e involucraos na transformación da súa contorna, convertendo espazos deteriorados en zonas de lecer que melloran a calidade de vida no barrio", apuntou o concelleiro.

O resultado desta colaboración é a creación de dous murais que xa adornan os muros da Praza Viana do Castelo e da Casa Clara Campoamor, convertendo estes espazos en puntos de referencia para o lecer xuvenil. A mocidade que desexe coñecer máis actividades do programa +Xtí, impulsado polo Concello de Lugo e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas, pode contactar co Servizo de Xuventude.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre os murais urbáns | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-executivo-de-paula-alvarellos-revitaliza-espazos-de-ocio-xuvenil-en-lugo-traves-da-arte

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/040924_masporti_muraisurbans.mp3