Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Executivo de Paula Alvarellos cede á Administración Xeral do Estado os terreos necesarios para a construción da nova comisaría de Policía Nacional en Abella

O Executivo de Paula Alvarellos cede á Administración Xeral do Estado os terreos necesarios para a construción da nova comisaría de Policía Nacional en Abella

A alcaldesa sinalou que na XGL celebrada esta mañá aprobouse a transmisión con cambio de titularidade de dúas parcelas valorados en 1.005.399 euros que contan coa edificabilidade necesaria para o proxecto que se quere levar a cabo.

“O expediente concluíuse onte e hoxe aprobamos a súa cesión para que Interior dispoña dos terreos canto antes. Esta celeridade na tramitación burocrática permítenos situar a Lugo nun excelente punto de partida para a asignación de fondos”, dixo.

"Trátase dunha mala noticia para vostedes, pero supón unha gran noticia para todas e todos os lucenses", asegurou a rexedora afeando a actitude de boicot mantida en relación a este asunto pola oposición.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Servizos xerais
Mércores, 30 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos cede á Administración Xeral do Estado os terreos necesarios para a construción da nova comisaría de Policía Nacional en Abella

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anuncio está mañá durante o transcurso do pleno extraordinario solicitado polo Grupo Municipal Popular que os terreos necesarios para a construción da nova Comisaría de Policía Nacional en Abella xa están ao dispor do Ministerio de Interior." Trátase dunha mala noticia para vostedes, pero supón unha gran noticia para todas e todos os lucenses", asegurou a rexedora afeando a actitude de boicot mantida en relación a este asunto pola oposición, da que opina que tentou desviar o foco e distorsionar a realidade sobre este asunto co ánimo de desprestixiar os logros do Goberno local.

Así, a alcaldesa informou de que na Xunta de Goberno Local celebrada está mañá antes da sesión plenaria aprobouse a cesión dos terreos acordados coa Dirección Xeral da Policía Nacional e coa Delegación do Goberno de España en Galicia nos múltiples encontros celebrados ao longo dos últimos meses que chegaron á súa culminación na reunión mantida con ambas as institucións o pasado 9 de outubro na casa do concello na que o responsable da área de Infraestruturas Policiais e a arquitecta da Sección Norte do Servizo de Arquitectura da Policía Nacional confirmaron a idoneidade dos terreos ofertados polo Concello, que contan coa edificabilidade necesaria para o proxecto que se quere levar a cabo.

Deste xeito, aprobouse a transmisión con cambio de titularidade de dúas parcelas, unha  de 2.117 metros cadrados, sita no número 1 da rúa Orquídea, e outra de 483 metros de superficie situada no número dous da rúa Aquilino Iglesias Alvariño, situada fronte á anterior e destinada a prestar  servizos complementarios da actividade que se desenvolverá na nova sede da Policía Nacional en Lugo. Ambos os terreos, valorados en 1.005.399 euros, pasarán así a titularidade da Administración Xeral do Estado para a súa afectación permanente ao Ministerio de Interior para ser destinadas á construción da nova comisaría.

“O expediente concluíuse onte martes e decidimos elevalo a XGL hoxe mesmo para que Interior dispoña dos terreos canto antes. Esta celeridade na tramitación burocrática  permítenos situar a Lugo nun excelente punto de partida para a asignación de fondos”, explicou tras o pleno Alvarellos. “Ditas obras deberán comezar nun prazo máximo de cinco anos e a afección permanente deste destino manterase por un período mínimo de 30 anos”, proseguiu a rexedora.

"Trátase pois da culminación dun traballo constante, discreto e en continua colaboración coas administracións implicadas que terá enormes repercusións postivas para a cidadanía en termos de seguridade cidadá, servizos públicos, e por tanto calidade de vida. Hoxe púidose comprobar que non era necesario aprobar en Pleno esta cesión, como así sostivo a portavoz na oposición, Elena Candia, ao longo de todo este tempo co único obxectivo de desacreditar o noso traballo e de transmitir á veciñanza unha visión distorsionada deste gran logro municipal", afirmou Alvarellos Fondo.

Así mesmo, a rexedora continuou evidenciando a actitude de bloqueo mostrada polo Partido Popular en todo o proceso. "Primeiro, o goberno de Mariano Rajoy gardou nun caixón este proxecto. Despois, o presidente da Xunta nese momento, Alberto Núñez Feijoó, incumpriu a súa palabra de facilitar a construción da nova comisaría na zona norte da cidade non achegando os terreos necesarios no ámbito da antiga Residencia, e, posteriormente o grupo municipal do PP quixo enredar e desviar a atención sobre este asunto propoñendo como posible sede o edificio de Obras Públicas sabendo que non cumpría os requisitos necesarios”, dixo.

“Con todo,  e pesar de todo este ruído mediático, seguimos traballando en silencio, coa dilixencia precisa  e o rigor necesario, para conseguir o noso obxectivo de dotar a Lugo dunha nova comisaría de Policía Nacional e que esta se sitúe na zona norte da cidade, algo para o que contamos en todo momento co máximo compromiso e colaboración por parte da Delegación do Goberno á que quero trasladarlle o meu agrademento”, concluíu.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre o Pleno Extraordinario | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-executivo-de-paula-alvarellos-cede-administracion-xeral-do-estado-os-terreos-necesarios-para

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/103024_audio_paula_alvarellos_pleno_extraordinario.mp3