Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello traslada dez mexillóns que apareceron na zona reservada á rampla e, a petición da Xunta, fará mañá unha nova revisión

O Concello traslada dez mexillóns que apareceron na zona reservada á rampla e, a petición da Xunta, fará mañá unha nova revisión

A consultora medioambiental trasladou esta decena de exemplares, detectados na prospección de hoxe, ademais de traslocar outros 36 que se atoparon nun punto próximo, como medida preventiva. 

 
  • Tema
    • Medio ambiente
Xoves, 29 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello traslada dez mexillóns que apareceron na zona reservada á rampla e, a petición da Xunta, fará mañá unha nova revisión

A prospección realizada esta mañá na zona do río na que está prevista a instalación da rampla deu como resultado a aparición doutros dez exemplares que se trasladaron a unha das zonas reservadas para acoller a estes moluscos, e que foi acordada previamente. Tamén se fixo o propio, como medida preventiva, con outros 36 bivalvos, que aínda que non estaban na zona reservada á colocación da pasarela, descubríronse na contorna próxima, o que motivou o seu traslado final. Os exemplares atopados nesta nova prospección pertencen ás especies Potomida littoralis e Unio delphinus.

Ademais, a petición da Xunta de Galicia, mañá haberá unha nova revisión, coa que se quere comprobar que non haxa máis exemplares, trala cal o Executivo de Paula Alvarellos agarda comezar a instalación da pasarela.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-traslada-dez-mexillons-que-apareceron-na-zona-reservada-rampla-e-peticion-da-xunta