Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello saca a contratación por 76.000€ a organización de actividades nas casas da Xuventude e da Música

O Concello saca a contratación por 76.000€ a organización de actividades nas casas da Xuventude e da Música

  • Tema
    • Música,
    • Urbanismo,
    • Xuventude
Mércores, 04 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este mércores o inicio do procedemento para contratar o servizo de atención ao público, e a coordinación e desenvolvemento de actividades nas casas da Xuventude e da Música por un importe anual de 76.000 euros. Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, o contrato, cunha duración de dous anos, máis outros dous de prórroga como máximo, ten como obxectivo mellorar a participación efectiva dos mozos e mozas na sociedade mediante unha integración educativa, social e laboral, ofrecéndolles alternativas lúdicas e formativas.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou catro licenzas para mellorar a accesibilidade coa instalación de ascensores noutros tantos edificios de vivendas, situados nas rúas Serra de Ancares, Río Narla e Montirón e na Ronda das Mercedes. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-saca-contratacion-por-76000eu-organizacion-de-actividades-nas-casas-da-xuventude-e