Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza cursos sobre edición fotográfica e producción musical

O Concello organiza cursos sobre edición fotográfica e producción musical

Trátase dos cursos de balde de Lightroom, Photoshop, FL Studio e After Effects, que impartirá Álvaro L. Barreiro. Será tras o verán, no Edificio de Novas Tecnoloxías, todos eles en xornada de 17:00 a 19:00 horas

A entidade local ofrece 8 prazas para cada curso, que se desenvolverá de 17:00 a 19:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse dende mañá mesmo, nas propias instalacións do Edificio de Novas Tecnoloxías, ata o xoves antes da data de inicio dos cursos

  • Tema
    • Alcaldía
Mércores, 12 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello organiza cursos sobre edición fotográfica e producción musical

A Concelleira de Concello e Cidadanía en funcións, Rosana Rielo, presentou este mércores, no Salón de Plenos, novas actividades gratuítas de novas tecnoloxías, neste caso 4 cursos, ben sobre edición fotográfica ou de producción musical, que acollerá o Edificio de Novas Tecnoloxías tras o verán.

Trátase dos cursos de balde de Lightroom, Photoshop, FL Studio e After Effects, que impartirá Álvaro L. Barreiro. Concretamente serán do 9 ao 13 de setembro, do 16 ao 20 de setembro, do 23 de setembro ao 1 de outubro, e do 5 de novembro ao 17 de decembro, respectivamente.

O Concello ofrece 8 prazas para cada curso, que se desenvolverá de 17:00 a 19:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse dende mañá mesmo, nas propias instalacións do Edificio de Novas Tecnoloxías, ata o xoves antes da data de inicio dos cursos.

Ademais, o Concello disporá nos vindeiros días de 8 licenzas destes programas no Edificio de Novas Tecnoloxías para darlle acceso a toda a cidadanía, de balde, ás técnicas do retoque fotográfico e da mistura musical.

Audio

  • Rosana Rielo, sobre os cursos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-cursos-sobre-edicion-fotografica-e-produccion-musical

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/120619_rielo-_programacion_novas_tecnoloxias.mp3