Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello ofrece pisos de emerxencia e o albergue municipal para acoller a refuxiados sirios

O Concello ofrece pisos de emerxencia e o albergue municipal para acoller a refuxiados sirios

A Alcaldesa anunciou tamén que a entidade local porá a disposición dos refuxiados toda a rede municipal de prestacións e axudas sociais 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social
Xoves, 17 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ofrece os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal para acoller refuxiados sirios ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra. Así o avanzou este xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen lle deu traslado á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) “dos recursos que dispón o Concello para ofrecer, dentro das súas posibilidades, unha vivenda digna para os refuxiados”.

A rexedora engadiu que o Concello, ademais dos dous pisos de emerxencia social dos que dispón e o albergue municipal, porá á disposición dos refuxiados toda a rede de prestacións e axudas sociais coas que conta a entidade local. Tamén buscará a coordinación coas organizacións humanitarias da cidade para sumar esforzos.

“Ante este drama humanitario intolerable, O Concello de Lugo está disposto a colaborar e axudar para que todas estas persoas que se ven obrigadas a fuxir do seu país como única saída para escapar de conflictos bélicos e da destrucción, alcancen unha vida máis digna”, destacou Lara Méndez, quen subliñou que Goberno central e Xunta deben coordinar a acollida.

Ante esta “situación dramática, as administracións temos a obriga de atopar solucións urxentes para auxiliar a estas persoas, garantindo sempre e por riba de todo a defensa dos dereitos humanos”, sinalou a rexedora.

Audio

  • Sobre a habilitación de albergues para acoller refuxiados sirios |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-ofrece-pisos-de-emerxencia-e-o-albergue-municipal-para-acoller-refuxiados-sirios

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/170915_acollida_refuxiados_alcaldesa.mp3