Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello oferta obradoiros de cociña e repostería para que os mozos empreguen o seu tempo de lecer en aprender novas habilidades

O Concello oferta obradoiros de cociña e repostería para que os mozos empreguen o seu tempo de lecer en aprender novas habilidades

As actividades de cociña multicultural, doces tradicionais caseiros e iniciación á cociña terán lugar no CEI-NODUS, nos meses de maio, xuño e xullo. Todos os interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Xuventude,
    • Prevención de drogodependencias,
    • Programas xuvenís
Xoves, 28 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello oferta obradoiros de cociña e repostería para que os mozos empreguen o seu tempo de lecer en aprender novas habilidades

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este xoves tres novos obradoiros gratuítos que organiza o Concello, no marco do programa +Xtí de prevención no consumo de drogas, dirixido aos mozos e mozas luguesas. Trátase das actividades de cociña multicultural, de elaboración de doces tradicionais caseiros e dun curso básico de iniciación á cociña, que terán lugar no local A Cociña de Pilar, no CEI-NODUS, nos meses de maio, xuño e xullo, respectivamente.

Todos os interesados en participar nestas actividades, que contan con 8 prazas cada un, poden inscribirse na Casa da Xuventude.

“Coa organización destes obradoiros, o Concello busca ofrecer novas alternativas diferentes aos máis cativos para que empreguen o seu tempo de lecer na aprendizaxe de novas habilidades”, subliñou Basadre, quen lembrou que estas novas actividades súmanse a outras que o Concello ten programadas dentro do programa +Xtí, como actividades físicas, artes marciais ou de seguridade viaria.

Máis información en www.lugo.gal [1]

Máis info

  • Programación para os cursos de cociña |Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-oferta-obradoiros-de-cocina-e-reposteria-para-que-os-mozos-empreguen-o-seu-tempo-de

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cursos_cocina_-_doces_-_basico.pdf