Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello modifica as cantidades de licitación dos servizos de cociña, comedor e lavandería de 2 escolas infantís para garantir a cobertura desta prestación

O Concello modifica as cantidades de licitación dos servizos de cociña, comedor e lavandería de 2 escolas infantís para garantir a cobertura desta prestación

Manuel Núñez informou dos cambios que se realizaron no prego de condicións do contrato para a prestación destes servizos nas escolas infantís municipais Serra de Outes e Gregorio Sanz

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino
Xoves, 18 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta este xoves do novo contrato do servizo de cociña, comedor e lavandería nas escolas infantís municipais Serra de Outes e Gregorio Sanz, así como dos cambios que se realizaron nos pregos de condicións, seguindo o establecido nos informes técnicos, para proceder á adxudicación destes servizos e garantir a cobertura desta prestación.

Deste xeito, as novas cantidades de adxudicación para o exercicio 2016 ascenden a 53.953,22 euros para a Escola Infantil Municipal Serra de Outes e a 49.258,16 euros no caso da Escola Infantil Gregorio Sanz.

No baremo de adxudicación, os criterios de valoración establecidos fíxanse con sete puntos para a oferta económica. O favorecemento da formación do persoal terase en conta con ata un punto, valorando materias como a seguridade alimentaria ou a nutrición e alimentación. As melloras nas condicións do persoal contratado tamén puntuará con ata dous puntos, tanto as salariais como as laborais, unha medida anunciada pola rexedora este mesmo mes.

Tal e como avanzou Manuel Núñez, a entidade local estima o gasto en alimentación en 11.629,13 euros para cada unha das escolas, sen posibilidade de minorar o prezo na oferta que presenten as empresas.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre a licitación dos servizos de cociña, comedor e lavandería de 2 escolas infantís | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-modifica-cantidades-de-licitacion-dos-servizos-de-cocina-comedor-e-lavanderia-de-2

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/180816_manuel_nunez_-_prego_escolas_infantis.mp3