Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello iniciou xa 273 procedementos sancionadores por incumprir a normativa galega do COVID

O Concello iniciou xa 273 procedementos sancionadores por incumprir a normativa galega do COVID

As multas, que supoñen ao redor da cuarta parte das detectadas dende o 15 de xuño pola Policía Local, ascenden a un total 101.700 euros.

A obriga de asumir a tramitación deste tipo de infraccións, que son competencia autonómica, terá un custo anual para a Administración local de 58.000 euros.

Miguel Fernández: “instamos á cidadanía a respectar as medidas sanitarias xa que, lonxe dun afán recadatorio, pretendemos impulsar o cumprimento das normas de protección. Todos debemos coidarnos e coidar tamén aos demais”.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • COVID-19,
    • Seguridade,
    • Servizos xerais
Martes, 16 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello iniciou xa 273 procedementos sancionadores por incumprir a normativa galega do COVID

O Concello iniciou xa 273 procedementos sancionadores por infraccións á normativa autonómica do Covid.

As multas, segundo indicou Miguel Fernández, supoñen ao redor da cuarta parte das tramitadas pola Policía Local dende o pasado mes de xuño, por incumprir a Lei de Saúde de Galicia na que figuran recollidas (a través do Decreto Lei 21/2020, de 09 de xuño) as medidas de prevención e contención fronte á crise sanitaria que ocasionou a pandemia, tras recuperar a Xunta, logo do Estado de Alarma, a titularidade na materia.

“En total, os expedientes xa abertos ascenden a 101.700 euros ou 50.850 € no caso de que se proceda ao seu pronto pago”, destacou o portavoz do goberno.

A encargada de efectivizar o cobro será a empresa que asume a colaboración na xestión administrativa e recadación de multas, despois de que a Xunta de Goberno Local autorizara a modificación do contrato en vigor, ante a insuficiencia de medios técnicos e de recursos humanos propios da institución para asumir directamente este cometido.

Unha tarefa que lle suporá anualmente a Administración local un custo de 58.080 euros pero que prácticamente quedará compensado co abono destas primeiras sancións.

“En calquera caso, dende o executivo local instamos á cidadanía a respectar as medidas sanitarias impostas xa que o que se persegue, lonxe dun afán recadatorio, é impulsar o cumprimento das normas de protección. Todos debemos coidarnos e coidar tamén aos demais”, apuntou Miguel Fernández.

Cómpre lembrar que, pese a que os informes emitidos pola Avogacía do Estado ratifican que se trata dunha competencia autonómica, son os Concellos os que, seguindo o criterio do Consello Consultivo de Galicia están a exercer esta función, na que tamén se inclúe a tramitación das infraccións interpostas, dentro desta casuística e no ámbito territorial do municipio, polo resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica).

Audio

  • O concelleiro de Medio Rural e Deportes, sobre os expedientes sancionadores do Covid | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-iniciou-xa-273-procedementos-sancionadores-por-incumprir-normativa-galega-do-covid

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/160321_miguel_fernandez_-_expedientes_sancionadores_covid.mp3