Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello e CHMS avanzan na recuperación da contorna fluvial do Miño, dando os primeiros pasos para a futura mellora na zona de Fermín Rivera

O Concello e CHMS avanzan na recuperación da contorna fluvial do Miño, dando os primeiros pasos para a futura mellora na zona de Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente do Organismo da Cunca, José Antonio Quiroga, asinaron esta mañá o protocolo de colaboración.

O rexedor municipal sinala que “é un bo comezo para acometer as actuacións que precisa unha das zonas de maior actividade das vinculadas á contorna fluvial do Miño”.

O máximo responsable da CHMS explica que “a principal actuación consistirá na renovación do saneamento da rúa paralela ao canle do río, ao seu paso por Lugo”.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Medio ambiente,
    • Residuos,
    • Auga
Venres, 09 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello e CHMS avanzan na recuperación da contorna fluvial do Miño, dando os primeiros pasos para a futura mellora na zona de Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración que permite avanzar na recuperación da contorna fluvial do Miño no termino municipal de Lugo, e en especial, na zona de Fermín Rivera. Ambos representantes institucionais amosaron a súa satisfacción pola sinatura deste acordo que supón dar os primeiros pasos para a futura posta en valor dunha das zonas de maior actividade das máis próximas ao canle fluvial e que atesoura un gran potencial.

Neste sentido, o rexedor lucense explicou que “hoxe damos os primeiros pasos para acometer a mellora dunha das zonas vinculadas ao río que dará continuidade a outras actuacións realizadas anteriormente e que favoreceron a posta en valor do entorno fluvial, que é, precisamente, unha das nosas sinais de identidade”.

Pola súa banda, o presidente da CHMS, salientou que este protocolo, paso previo ao convenio de colaboración, permitirá ao organismo de bacía a contratación dun estudo técnico de diagnose do estado do colector ubicado na rúa Fermín Rivera e, a partir de aí, redactar un proxecto que desenvolva a solución máis axeitada para evitar os actuais problemas de funcionamento do mesmo.

O protocolo de colaboración asinado esta mañá establece tamén a constitución dunha comisión de seguemento, composta por un representante da cada organismo, encargada de impulsar o posterior convenio e a materializar a colaboración entre o Concello e o Organismo da Cunca.

Por último, Miguel Fernández, agradeceu ao presidente do Organismo da Cunha a súa “sensibilidade con Lugo e a súa estreita colaboración neste e noutros proxectos, dirixidos a recuperar as contornas fluviais dos ríos ao seu paso por Lugo e a contribuír con elo a ese modelo de cidade verde, sostible e cohesionada, no que estamos a traballar”.

Audios

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a sinatura do protocolo do CHMS | Descargar mp3 [1]
  • O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, sobre a sinatura do protocolo do CHMS | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-e-chms-avanzan-na-recuperacion-da-contorna-fluvial-do-mino-dando-os-primeiros-pasos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/090525_alcalde_sinatura_protocolo_chms.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/050925_audio_joseantonioquiroga_concello_e_chms_avanzan_na_recuperacion_da_contorna_fluvial_do_mino_dando_os_primeiros_pasos_para_a_futura_mellora_na_zona_de_fermin_rivera.mp3