Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo habilita un dispositivo especial para garantir a seguridade peonil e do tráfico rodado ante a alerta de temporal

O Concello de Lugo habilita un dispositivo especial para garantir a seguridade peonil e do tráfico rodado ante a alerta de temporal

A Administración local dispón de 5 toneladas de sal e de diversos medios mecánicos como esparexedoras e coitelas quitaneve para calzada e beirarrúas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 17 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo habilita un dispositivo especial para garantir a seguridade peonil e do tráfico rodado ante a alerta de temporal

Ante as previsións meteorolóxicas que advirten nas próximas horas dunha alerta amarela por precipitacións en forma de neve con acumulacións de ata 4 centímetros nunha cota inferior a 300-500 metros, o Executivo de Lara Méndez vén de poñer en marcha un dispositivo especial para garantir a seguridade peonil e de vehículos en todo o municipio.

Deste xeito, tanto a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Miguel Fernández, como os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil se manteñen vixiantes para atender calquera incidencia que poida xurdir. Así, a Administración local dispón do acopio de 5 toneladas de sal e de diversos medios mecánicos entre os que se atopan cinco esparexedoras, unha sobre camión para botala na calzada e catro carriños para beirarrúas e de tres coitelas quitaneves, novamente unha sobre camión para calzadas e as outras dúas sobre varredoras, así como de dous tractores con pa.

Dende o Goberno local faise un chamamento á cidadanía, recomendándolle extremar as precaucións en todo tipo de desprazamentos e pide que se eviten correr riscos innecesarios para non incorrer en situacións de perigo.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o dispositivo especial, por mor do temporal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-habilita-un-dispositivo-especial-para-garantir-seguridade-peonil-e-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/170123_miguel_fernandez_-_dispositivo_especial_temporal.mp3