Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo convida a PEMES, persoas autónomas e entidades sociais a participar no Programa Accedemos de apoio á creación de emprego

O Concello de Lugo convida a PEMES, persoas autónomas e entidades sociais a participar no Programa Accedemos de apoio á creación de emprego

A iniciativa impulsada pola Fundación MAPFRE e a Fundación Konecta concede 450 axudas,  a fondo perdido, de ata 515 euros ao mes para novos contratos de traballo indefinidos ou de formación en alternancia.

As solicitudes poderán presentarse na web www.fundacionmapfre.org [1] ata o 30 de xuño ou a concesión total das axudas.

  • Tema
    • Emprego,
    • Fomento do emprego,
    • Autónomos
Domingo, 09 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo fai un chamamento a todas as pequenas e medianas empresas (PEMES), autónomos e entidades lucenses para que participen no Programa Accedemos, impulsado pola Fundación MAPFRE e a Fundación Konecta. Esta iniciativa ten como obxectivo apoiar a creación de emprego mediante a concesión de doazóns a fondo perdido, de ata 515 euros ao mes, para custear a nómina de persoas contratadas a partir do 1 de xaneiro de 2024, durante un período de 9 meses.

O Programa Accedemos dispón dun total de 450 axudas para novos contratos de traballo indefinidos ou de formación en alternancia e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata a concesión total das axudas ou ata o 30 de xuño de 2024. As persoas ou entidades beneficiarias poderán acceder ás liñas de apoio económico que estarán dotadas das seguintes contías mensuais:

  • Xornada completa: 515 euros ao mes.
  • Xornada parcial (mínimo 20 horas): 310 euros ao mes.

O executivo de Paula Alvarellos e as entidades promotoras do programa comparten o obxectivo da creación de novos empregos en pequenas e medianas empresas, e facilitar a incorporación ao mercado laboral dos perfís con maiores dificultades para a súa contratación.  
 
O Concello de Lugo considera que esta iniciativa é unha oportunidade excelente para fortalecer o tecido empresarial local, fomentar a contratación e mellorar a situación laboral de moitos cidadáns. Por iso, convida a todas as PEMES, autónomos e entidades do municipio a informarse e participar neste programa.
 
Para obter máis información e presentar solicitudes, os interesados poden dirixirse ás páxinas web da Fundación Konecta [2] e da Fundación Mapfre [3] ou contactar co servizo de atención ao cidadán do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-convida-pemes-persoas-autonomas-e-entidades-sociais-participar-no-programa

Ligazóns:
[1] https://www.fundacionmapfre.org/
[2] https://www.fundacionkonecta.org/
[3] https://www.fundacionmapfre.org/premios-ayudas/convocatorias/contratacion/ayudas-empleo/