Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo conmemora a festividade de San Roque, cunha tradición que se remonta ao século XVIII

O Concello de Lugo conmemora a festividade de San Roque, cunha tradición que se remonta ao século XVIII

Ana González Abelleira, Olga López Racamonde e Ángeles Novo representaron ao Goberno Local nos actos na honra do santo, coa procesión polas rúas do centro histórico ata a capela de San Roque.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Sábado, 16 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo conmemora a festividade de San Roque, cunha tradición que se remonta ao século XVIII

A Corporación Municipal de Lugo, encabezada pola cuarta tenente de alcalde, Ana González Abelleira, participou esta mañá nos actos conmemorativos da festividade de San Roque. A comitiva, coa Garda de Gala ao fronte, partiu en formación dende a Casa do Concello, a través das rúas do centro histórico ata a Capela de San Roque, onde tivo lugar a celebración da misa na honra deste santo.
 
Neste percorrido, Ana González Abelleira estivo acompañada polas concelleiras de Cohesión Social, Olga López Racamonde, e pola responsable de Muller e Igualdade, Ángeles Novo, quen foi ademais a encargada de portar o pendón institucional, que simboliza non só ao Concello, senón tamén o sentido de identidade, a pertenza á comunidade e un dos estandartes que representa á cidade de Lugo. 
 
Como cada 16 de agosto, o Concello cumpriu con esta tradición, que xa forma parte da historia de Lugo, e que se remonta a 1768, ano no que se pediu protección a San Roque, para facer fronte a unha epidemia de peste.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-conmemora-festividade-de-san-roque-cunha-tradicion-que-se-remonta-ao-seculo