Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello celebra mañá o Día de Europa cun concurso de fotografía, a lectura dun manifesto e actividades infantís

O Concello celebra mañá o Día de Europa cun concurso de fotografía, a lectura dun manifesto e actividades infantís

As actividades arrincarán ás 12:00 horas. Coa programación tamén se conmemora o 60 aniversario dos Tratados de Roma, cos que se creou a Comunidade Económica Europea e que deron orixe á actual Unión Europea

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico
Luns, 08 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello celebra mañá o Día de Europa cun concurso de fotografía, a lectura dun manifesto e actividades infantís

O Concello de Lugo organiza para mañá martes, 9 de maio, os actos en conmemoración do Día de Europa. Este ano celébrase o 60 aniversario dos Tratados de Roma, cos que se creou a Comunidade Económica Europea e que deron orixe á actual Unión Europea.

As actividades comezarán ás 12:00 horas coa entrega de premios do concurso de fotografía Cidadáns europeos en Galicia: 60 anos cambiando vidas. Posteriormente, ás 12:30 horas, está prevista a celebración do acto institucional, que terá lugar diante do Concello, coa lectura do manifesto conmemorativo, así como o izado de bandeiras e a interpretación do himno europeo.

Para rematar, das 17:00 ás 20:00 horas, baixo o lema Benvid@s a Europa, haberá unha programación especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, que se celebrará diante da Casa Consistorial con diversos xogos e actividades infantís.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-celebra-mana-o-dia-de-europa-cun-concurso-de-fotografia-lectura-dun-manifesto-e