Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello autoriza a construción de catro naves no polígono das Gándaras, cun orzamento global de 560.000 euros

O Concello autoriza a construción de catro naves no polígono das Gándaras, cun orzamento global de 560.000 euros

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico
Mércores, 24 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello autoriza a construción de catro naves no polígono das Gándaras, cun orzamento global de 560.000 euros

O voceiro do Concello de Lugo, Miguel Fernández, informou este mércores dos asuntos abordados na Xunta de Goberno, na que quedou aprobada a concesión de catro licenzas para construír outras tantas naves no polígono industrial das Gándaras por un importe global de 564.000 euros.

A Xunta de Goberno aprobou tamén as bases para elaboración dunha lista da que o Concello irá chamando aos candidatos e candidatas pola orde de puntuación obtida por cada un deles cando sexa necesaria a contratación laboral temporal para cubrir as necesidades que poidan xurdir na categoría de Oficial Electricista.

Así mesmo, aprobouse a prórroga de dous contratos, o de subministro de material de oficina non inventariable, por un ano e por importe de 7.203,88 euros, e outro de carácter administrativo, correspondente ao servizo de asesoramento e mediación de seguros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-autoriza-construcion-de-catro-naves-no-poligono-das-gandaras-cun-orzamento-global