Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello abrirá o luns o prazo de matrícula para o curso 2026-2027 da Escola Municipal de Música (2026.08.22)

O Concello abrirá o luns o prazo de matrícula para o curso 2026-2027 da Escola Municipal de Música (2026.08.22)

As solicitudes poderán presentarse ata o 15 de setembro e as clases comezarán o 13 de outubro, tras dous cursos sen actividade docente

  • Tema
    • Programación cultural
Sábado, 22 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Sábado 21 de agosto de 2026.- O Concello de Lugo abrirá o próximo luns 24 de agosto o prazo de matrícula para o curso 2026-2027 da Escola Municipal de Música, que retoma a súa actividade docente despois de permanecer sen clases durante os dous últimos cursos académicos.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude desde o luns 24 de agosto ata o 15 de setembro.

Toda a documentación necesaria para realizar o trámite —o Decreto de Bases da Matrícula, o cartel informativo cos prazos, a nota informativa sobre as idades requiridas para cada curso e o formulario de solicitude— está dispoñible na web municipal, no apartado de Trámites e.na escola de música a partires do 1 de setembro

Un acordo que permite recuperar a actividade da Escola

A reapertura da Escola Municipal de Música é froito do acordo alcanzado entre o Goberno local e o persoal da Banda Municipal de Música, encargado tamén da actividade docente do centro. Este consenso permite recuperar unha actividade que permanecera interrompida durante os dous últimos cursos académicos e poñer novamente a disposición da cidadanía a formación musical municipal a partir deste curso.

Deste xeito, o Concello e o persoal da Banda Municipal de Música fan posible, a través do diálogo e do acordo, o regreso das clases da Escola Municipal de Música, que comezarán o próximo 13 de outubro.

Nesta ligazón tedes toda a información da convocatoria e bases do proceso de matrícula da Escola de Música para o curso 2026-2027 que se publicou hoxe no BOP 

https://concellodelugo.gal/gl/tramites/escola-municipal-de-musica-curso-... [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-abrira-o-luns-o-prazo-de-matricula-para-o-curso-2026-2027-da-escola-municipal-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/tramites/escola-municipal-de-musica-curso-2026-2027