Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O concelleiro de Rural visita as obras de mellora do firme da estrada municipal de acceso ao núcleo de A Pena en Calde

O concelleiro de Rural visita as obras de mellora do firme da estrada municipal de acceso ao núcleo de A Pena en Calde

Miguel Fernández da resposta así á veciñanza para arranxar este camiño, deteriorado pola antigüidade, o seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Urbanismo
Venres, 04 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concelleiro de Rural visita as obras de mellora do firme da estrada municipal de acceso ao núcleo de A Pena en Calde

O tenente de alcaldesa responsable de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández, visitou as obras de mantemento e mellora dunha vía municipal na parroquia de Calde, nunha estrada que facilita o acceso ao núcleo de A Pena.

Unha actuación que conta cun orzamento de adxudicación de 25.870 euros e no cal se realizará ademais da mellora do firme a limpeza das cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrenta e evitar que produzan danos no pavimento da vía.

“Este camiño atopábase deteriorado debido á súa antigüidade, ao uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo”, apuntou o edil, polo que se procedeu a súa mellora.

Os traballos consistirán na extensión e compactación dunha capa de mestura asfáltica en quente na totalidade dos 363 metros de lonxitude do camiño. Ademais, procederase a unha regularización previa da superficie coa mesma mestura para as zonas máis deformadas ou con fochancas.

Miguel Fernández destacou a importancia destas obras, “que desenvolvemos despois de escoitar as necesidades que nos traslada a veciñanza da zona pero que non só beneficiará ás persoas residentes nestes núcleos senón que reverterá no conxunto do tráfico rodado que circula pola zona”, concluíu.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a parroquia de Calde | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concelleiro-de-rural-visita-obras-de-mellora-do-firme-da-estrada-municipal-de-acceso-ao

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/041122_parroquia_de_calde_-_miguel_fernandez.mp3