Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O censo para as eleccións municipais está á exposición pública ata o 17 de abril

O censo para as eleccións municipais está á exposición pública ata o 17 de abril

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Padrón
Martes, 11 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que durante o período comprendido entre os días 10 e 17 de abril, ambos os dous inclusive, está exposto ao público o censo electoral pechado a día 30.01.2023, ao obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados/as poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas.

A consulta informática das listaxes electorais, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ao voto.

O censo estará exposto nas Oficinas municipais Ronda Muralla, 197, en horario de 9.00 a 14.00 horas, os días laborais, e de 10.00 a 14.00 horas, o sábado 15 e o domingo 16 de abril.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-censo-para-eleccions-municipais-esta-exposicion-publica-ata-o-17-de-abril