Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI realizará un seminario gratuíto sobre ideas empresariais

O CEI realizará un seminario gratuíto sobre ideas empresariais

  • Tema
    • Economía
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI) organizou un seminario co título “Xeración e mediación de ideas empresariais”, que se celebrará durante tres xoves seguidos, a partir do día 7 de xuño e para o que a inscrición está pechada con 30 persoas anotadas.

Este seminario consta de 15 horas que se desenvolverán de catro a nove da tarde cada un dos tres días. A formación está a cargo da empresa BIC Galicia e é totalmente gratuíta.

Os interesados en informarse sobre o tipo de cursos poden facelo a través do teléfono 982 26 42 60 ou na dirección electrónica formación@cei.lugo.es [1].

Ademais, o Centro acolle esta tarde un seminario que leva por título “Como pedir subvencións da Administración”.

Trátase dunha nova acción formativa totalmente gratuíta e orientada especialmente a empresarios e emprendedores.

O seminario comezará ás seis da tarde e ao finalizar o mesmo os participantes poderán preguntar polo seu caso particular aos ponentes, técnicos do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cei-realizara-un-seminario-gratuito-sobre-ideas-empresariais

Ligazóns:
[1] mailto:n@cei.lugo.es