Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde modifica o Goberno local coa creación da Área de Desenvolvemento Local da que se ocupará Rosana Rielo

O Alcalde modifica o Goberno local coa creación da Área de Desenvolvemento Local da que se ocupará Rosana Rielo

Sonia Méndez retoma as súas responsabilidades na Concellería de Economía logo da súa baixa maternal 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Luns, 02 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, anunciou hoxe un reaxuste no Goberno local consistente na creación da Área de Desenvolvemento Local, na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás materias de Orzamentos participativos e Desenvolvemento local.

O Alcalde fixo este anuncio acompañado polas Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, que se reincorpora ó seu posto logo da súa baixa por maternidade, e por Rosana Rielo que se vai facer cargo a partir de agora da nova área, na que se incluirán os Talleres e Obradoiros de Emprego, a Axencia de Desenvolvemento Local e o CEI-Nodus.

Tanto Sonia Méndez como Rosana Rielo formarán parte da Xunta de Goberno Local. Ademais, Sonia Méndez continuará desempeñando, as funcións de Segunda Tenenta de Alcalde mentres que Rosana Rielo será a Oitava Tenenta de Alcalde e non disporá de adicación exclusiva xa que vai compatibilizar as súas responsabilidades no Goberno local co seu posto de traballo.

O Alcalde amosou a súa satisfacción pola reincorporación de Sonia Méndez e agradeceu expresamente o traballo que desenvolveu á fronte da Concellería de Economía durante estes meses Rosana Rielo.

Por outra parte, López Orozco aconselloulle ó Voceiro do PP, Jaime Castiñeira, que viaxe un pouco para informarse para que vexa que en todas as cidades, mesmo as gobernadas polo seu partido, está regulado o aparcamento de vehículos e tamén lle lembrou que precisamente foi o PP o que creou a ORA en Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-modifica-o-goberno-local-coa-creacion-da-area-de-desenvolvemento-local-da-que-se