Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde e a presidenta de Aelu abordan proxectos comúns para avanzar no emprendemento feminino e na dinamización empresarial

O alcalde e a presidenta de Aelu abordan proxectos comúns para avanzar no emprendemento feminino e na dinamización empresarial

Miguel Fernández e Anjhara Gómez Rodríguez falaron de renovar as colaboracións que manteñen en eventos, xornadas e feiras para favorecer e impulsar o sector comercial.

O rexedor destaca o importante labor da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo desde hai 37 anos e o intercambio de sinerxías, pola súa integración no CEI-NODUS.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Emprego,
    • Políticas activas de emprego,
    • Emprendemento,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos
Luns, 12 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde e a presidenta de Aelu abordan proxectos comúns para avanzar no emprendemento feminino e na dinamización empresarial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Aelu, Anjhara Gómez, reuníronse no primeiro encontro oficial, no que abordaron proxectos comúns para avanzar no emprendemento feminino e na dinamización empresarial, obxectivos que comparten ambas entidades. Neste sentido, falaron de renovar as colaboracións que manteñen para desenvolver eventos, xornadas, feiras e premios para favorecer e impulsar o sector comercial e empresarial, e prestar servizo de asesoría e formación ás mulleres empresarias.

Durante o transcurso da reunión, Miguel Fernández puxo en valor o importante labor que desenvolve desde hai 37 anos este colectivo, que conta con máis de 150 asociadas. Igualmente, o rexedor municipal fixo fincapé na “estreita colaboración que mantén co Concello de Lugo, con quen comparte sinerxías, obxectivos e proxectos, de forma especial no viveiro de empresas do CEI-NODUS no que está integrada. Seguiremos adiante traballando conxuntamente, gracias a ese convenio para a dinamización do emprendemento, poñendo a súa disposición os servizos e as instalacións do viveiro de empresas municipal de Garabolos”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-e-presidenta-de-aelu-abordan-proxectos-comuns-para-avanzar-no-emprendemento-feminino