Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde e o artista Pepe Galán visitan o novo emprazamento da súa escultura Vieiros de Seu, no xardín de San Roque

O alcalde e o artista Pepe Galán visitan o novo emprazamento da súa escultura Vieiros de Seu, no xardín de San Roque

A obra, realizada co gallo do Xacobeo 99, mudou a súa localización, na zona verde de Santo Domingo, a raíz das obras de peonalización e ante a nova configuración da praza.

Miguel Fernández sinala que, “de acordo co escultor, buscamos un lugar no que a obra tivera un protagonismo especial, como creo que demostra a nova situación”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Mércores, 09 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde e o artista Pepe Galán visitan o novo emprazamento da súa escultura Vieiros de Seu, no xardín de San Roque

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o escultor coruñés Pepe Galán visitaron esta mañá o novo emprazamento da obra ‘Vieiros de Seu’, unha peza realizada en aceiro corten que o artista realizou co gallo do Xacobeo 99, e que ata de agora estaba nos xardíns de Santo Domingo. A raíz das obras de peonalización e ante a nova configuración da praza “buscouse, de acordo co escultor, un novo emprazamento no que a obra tivera un especial protagonismo, como creo que demostra a nova situación no centro do xardín de San Roque”, sinalou o rexedor municipal.

Tamén o propio artista explicou que “o novo emprazamento realza a intervención escultórica”, unha peza que conmemora o Camiño de Santiago e, segundo definiu Pepe Galán, representa “o camiño interior e a experiencia do encontro con un mesmo e cos avatares que atopamos na ruta xacobea”.

A peza de aceiro corten ten unhas dimensións de 147 x 400 x 285 centímetros e forma parte das coleccións de obra pública realizadas polo artista multidisciplinar, e que se poden atopar en moitos concellos galegos. A peza, polo emprego deste material, o seu tamaño, formas e cores, queda totalmente integrada no xardín de San Roque, dotando a este espazo axardinado dunha maior singularidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-e-o-artista-pepe-galan-visitan-o-novo-emprazamento-da-sua-escultura-vieiros-de-seu