Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde coñece da man da Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira as principais demandas para o barrio

O alcalde coñece da man da Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira as principais demandas para o barrio

As propostas do colectivo están centradas en cambios e mellora da sinalización, acondicionamento de espacios e colocación de novo mobiliario urbano.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Luns, 08 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde coñece da man da Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira as principais demandas para o barrio

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá unha reunión con varios integrantes da Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira, para coñecer de primeira man as principais demandas para o barrio. Así, directivos e directivas deste colectivo veciñal trasladaron ao rexedor municipal varias propostas coas que se pode mellorar este barrio, centradas en cambios da sinalización e da iluminación; colocación de novo mobiliario urbano e adecuación de espacios.

Este é o primeiro encontro oficial entre o rexedor municipal e este colectivo veciñal, que serviu tamén para que os integrantes da asociación comunicaran ao alcalde as súas propostas, ideas e actuacións coas que nun futuro se podería mellorar este barrio da zona sur da cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-conece-da-man-da-asociacion-de-vecinos-ronda-mercedes-musico-xose-castineira