Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Muller e Igualdade abre este mércores o prazo de inscrición do Aprende Xogando para facilitar a conciliación nas vacacións de verán

Muller e Igualdade abre este mércores o prazo de inscrición do Aprende Xogando para facilitar a conciliación nas vacacións de verán

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas e, na quenda de tarde de 16:00 a 20:30 horas, nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa e Uxío Novoneyra e na Casa da Música.

As inscricións para anotarse neste programa, dirixido a 120 crianzas de entre 3 e 12 anos de idade, poderán realizaranse a través de  [1]aprendexogando@lugo.gal [1] ata o 6 de xuño.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infancia,
    • Servizos sociais,
    • Educación,
    • Conciliación
Martes, 31 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Igualdade abre este mércores o prazo de inscrición do Aprende Xogando para facilitar a conciliación nas vacacións de verán

O executivo de Lara Méndez, a través da Concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, abre este mércores, 1 de xuño, o prazo de inscrición do programa Aprende Xogando para as vacacións de verán, correspondente ás tardes dos meses de xullo, agosto e setembro e ás mañás da última semana de xuño, meses de xullo e agosto e primeira de setembro. Neste trimestre, a diferencia dos anteriores, admítese a solicitude por meses independentes, en lugar do trimestre completo, co fin de adaptarse ás vacacións estivais dos pais e das nais.

Tanto as bases como a instancia para realizar a inscrición poden descargarse a través da páxina do Concello de Lugo:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando [2]

As inscricións realizaranse de xeito telemático polos/as proxenitores/as dos/das menores, no e-mail  [1]aprendexogando@lugo.gal [1] sinalando nome, apelidos da/o menor e nome, apelidos e D.N.I. do/da proxenitor/a solicitante, aportando anexo normalizado para a solicitude e a documentación requirida. O prazo manterase aberto ata o próximo luns, 6 de xuño.

Silvia Alonso fixo fincapé no éxito consecutivo deste programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, que beneficia tanto aos cativos e cativas como á unidade de convivencia no seu conxunto; apoiando de xeito especial ás mulleres no seu proceso de participación sociolaboral.

O Aprende Xogando está dirixido a 120 nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos. As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas e, en quenda de tarde, das 16:00 ás 20:30 horas, nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa (con 30 prazas en cada un) e Uxío Novoneyra (20 prazas) e na Casa da Música (40 prazas) alén de reservarse cinco prazas máis para posibles urxencias por circunstancias especiais ou de emerxencia social.

Audio

  • A concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, sobre o Aprende Xogando (Verán) | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/muller-e-igualdade-abre-este-mercores-o-prazo-de-inscricion-do-aprende-xogando-para-facilitar

Ligazóns:
[1] mailto:aprendexogando@lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/310522_silvia_alonso_-_aprende_xogando_veran.mp3