Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente iniciou hoxe o acondicionamento da Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal

Medio Ambiente iniciou hoxe o acondicionamento da Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal

Os traballos, que finalizarán mañá na zona do Mirador, concentráronse nas primeiras horas da xornada aproveitando a menor afluencia de tráfico para diminuír molestias á veciñanza

  • Tema
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural,
    • Medio ambiente
Xoves, 14 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente iniciou hoxe o acondicionamento da Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal

A área de Medio Ambiente procedía hoxe a iniciar o acondicionamento da Volta da Viña, dentro do programa de roza anual municipal.

As tarefas, que rematarán mañá na zona do Mirador, comezaban a primeira hora da xornada, aproveitando a menor afluencia de tráfico rodado co fin de diminuír as molestias á veciñanza.

“Os traballos consistiron na retirada da maleza da ladeira e tamén na limpeza da terra acumulada pola escorrentía nas canaletas da beiravía”, explica o edil Álvaro Santos quen tamén deu conta da composición do dispositivo “no que participaron tres operarios con desbrozadora de man, un tractor, unha cisterna de baldeo mixto e unha barredora ademais dun camión para o traslado dos refugallos recollidos”.

A actuación enmárcase dentro da programación anual de roza do Concello para manter limpos os distintos barrios de maneira que, tras esta intervención, quedará concluída a contorna da Aceña de Olga e o operativo pasará, en vindeiros días, polas zonas de Augas Férreas, Avenida de Madrid, Albeiros, Castiñeiro e Casás, Sagrado Corazón, Galegos e Castelo.

Un mantemento que se leva a cabo de luns a sábado e no que ademais do labor programado se atende ás demandas que a veciñanza canaliza a través do servizo de Medio Ambiente.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o acondicionamento da Volta da Viña | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-iniciou-hoxe-o-acondicionamento-da-volta-da-vina-dentro-do-programa-de-roza

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/140520_alvaro_santos_-_acondicionamento_volta_da_vina.mp3