Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mauricio Repetto recibe no Concello ao alumnado de Dinamarca que estes días se atopa de intercambio no IES Lucus Augusti

Mauricio Repetto recibe no Concello ao alumnado de Dinamarca que estes días se atopa de intercambio no IES Lucus Augusti

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Formación
Luns, 02 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mauricio Repetto recibe no Concello ao alumnado de Dinamarca que estes días se atopa de intercambio no IES Lucus Augusti

O edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, recibía hoxe no Salón de Plenos ao alumnado de Dinamarca que estes días se atopa de intercambio no IES Lucus Augusti.

A expedición estivo composta por 23 alumnas e alumnos, acompañados por dous mestres e o director do centro educativo de orixe, procedentes da rexión danesa de Roskilde, situada ao norte da isla de Selandia. Con eles acudiu á Casa Consistorial outro grupo composto por unha trintena de estudantes do instituto lucense.

Durante o encontro, o concelleiro aproveitou para achegarlles datos de interese da cidade ao tempo que lles desexou que desfrutaran da súa estancia na capital e da propia experiencia do intercambio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mauricio-repetto-recibe-no-concello-ao-alumnado-de-dinamarca-que-estes-dias-se-atopa-de