Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro continúa co traballo previo ao San Froilán 2025 cunha xuntanza cos representantes dos barraquistas

Maite Ferreiro continúa co traballo previo ao San Froilán 2025 cunha xuntanza cos representantes dos barraquistas

A edil de Cultura acordou a celebración do Día da Infancia no recinto feiral, día no que todas as barracas contarán con prezos reducidos.

O Feiral terá actividade entre o 26 de setembro e o 12 de outubro.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Mércores, 11 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro continúa co traballo previo ao San Froilán 2025 cunha xuntanza cos representantes dos barraquistas

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo un encontro con representantes dos barraquistas que encherán os postos do Recinto Feiral do San Froilán. A edil de Cultura afirmou que o recinto feiral do San Froilán 2025 estará aberto entre o 26 de setembro e o 12 de outubro, e que este ano se volverá celebrar o Día da Infancia "unha proposta das e dos empresarios do sector, que permitirá contar con prezos reducidos nos distintos postos", explicou Maite Ferreiro.

"A escoita activa e o diálogo cos sectores implicados é clave para un San Froilán que beneficie ás persoas que traballan e tamén ás que o visitan", explicou Ferreiro, quen valorou moi positivamente o acordo alcanzado dende a concellería de Cultura para contar con esta xornada a prezos reducidos.

A semana pasada a Xunta de Goberno aprobou as bases que rexerán a concesión dos espazos do recinto feiral. Serán en total 160 parcelas entre stands de venta, xogos de habilidade e atraccións, con distintos prezos de licitación segundo o tamaño e o obxectivo de cada espazo. O posto con prezo de saída máis baixa será de 160€, correspondente a un dos stands de venta de Rodríguez Mourelo, e o máis caro será unha atracción nas costas do Parque, de 43x19 metros, que terá un prezo de saída de 13.643€.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-continua-co-traballo-previo-ao-san-froilan-2025-cunha-xuntanza-cos