Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro anuncia a colaboración da Tenencia de Alcaldía coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para a elaboración do cartaz do San Froilán

Maite Ferreiro anuncia a colaboración da Tenencia de Alcaldía coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para a elaboración do cartaz do San Froilán

Ferreiro: "unha ilustradora profesional será quen poña a imaxe das festas máis importantes de Lugo, o San Froilán".

O concurso infantil de debuxo para o cartaz do San Froilán Miúdo volverá convocarse este ano, cun premio para a nena ou neno gañador de 300€ en material de pintura.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Martes, 12 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro anuncia a colaboración da Tenencia de Alcaldía coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para a elaboración do cartaz do San Froilán

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron un encontro coa directiva da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), que comezará a colaborar coa área de Cultura de cara á elaboración do cartel das festas do San Froilán. Maite Ferreiro explicou que "seguimos a traballar na profesionalización das festas máis importantes de Lugo, facendo que a partir de agora, cada ano unha lucense profesional da ilustración elabora o cartaz das festas".

Ferreiro afirmou que "estamos vendo como moitas festas que seguían o modelo de concurso están a ter que modificar os carteis debido ao uso de ferramentas como a Intelixencia Artificial", e engadiu "con esta medida queremos promocionar o traballo das profesionais da ilustración de Lugo, dando a súa propia visión ás nosas festas".

Maite Ferreiro confirmou que a Tenencia de Alcaldía seguirá a realizar o concurso infantil de debuxo co que se escolle o cartaz do San Froilán Miúdo. "Animamos ás nenas e nenos de Lugo a seguir participando neste concurso, e agardamos que no futuro as nenas e nenos participantes continúen a adicarse ao deseño de maneira profesional".

Nos vindeiros días publicaranse as bases para o concurso infantil. A persoa gañadora do concurso do San Froilán  Miúdo, recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€. "Cada ano vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame", afirmou Ferreiro.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o cartel do San Froilán | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-anuncia-colaboracion-da-tenencia-de-alcaldia-coa-asociacion-galega-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250812_maite_ferreiro_san_froilan.mp3