Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro anuncia a chegada de dúas novas exposicións de arte galega contemporánea ao Vello Cárcere

Maite Ferreiro anuncia a chegada de dúas novas exposicións de arte galega contemporánea ao Vello Cárcere

A artistas Aurora Abraira amosa a súa pintura "nunha instalación referencial para a arte galega".

Ferreiro: "Traballamos para achegar á veciñanza propostas distintas pero profundamente galegas, o Vello Cárcere continúa a ser un espazo onde a arte vive, emociona e dialoga coa veciñanza".

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Venres, 03 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro anuncia a chegada de dúas novas exposicións de arte galega contemporánea ao Vello Cárcere

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a chegada dunha nova exposición ao Centro Cultural O Vello Cárcere, que estará abertas ao público durante o mes de abril. A nova mostra, a cargo da pintora Aurora Abraira, poderá visitarse nas instalacións da pranta baixa ao longo do mes.

A nova exposición, titulada Nova Vida, nace, segundo a artista, "da recuperación de ventás que se retiran das casas". A mostra xunta 17 ventás e cadros elaborados en óleo sobre tela "inspirados nas miñas vivenzas da nenez en Galiza ou cun toque mediterráneo, froito dos case 50 anos vividos en Catalunya".

Maite Ferreiro destacou a importancia do Vello Cárcere no contexto cultural lucense. Segundo a edil de Cultura "achegamos á veciñanza propostas distintas pero profundamente galegas", explicou, que engadiu "seguimos a comprometernos coa promoción da arte galega tanto con artistas emerxentes como con mostras de artistas consolidadas no panorama cultural de Galiza".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-anuncia-chegada-de-duas-novas-exposicions-de-arte-galega-contemporanea-ao-vello