Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo celebra o día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo da xornada

Lugo celebra o día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo da xornada

Ao longo da tarde, as veciñas e veciños de Lugo puideron achegarse á praza da Mosqueira para fotografiarse coa súa palabra preferida do galego, unha iniciativa da área de Cultura para "promocionar o uso da nosa lingua no seu día grande".

As e os edís da Tenencia de Alcaldía participaron coa palabra CANTAREIRA, palabra do ano 2024 que forma parte do paseo das Palabras do Ano ubicado na rúa Menorca.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Sábado, 17 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra o día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo da xornada

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo celebra o Día das Letras Galegas cunha intensa programación cultural que terá como escenario principal a Praza Maior, convertida no epicentro da celebración da lingua e a tradición musical co concerto de Claustro Música, encargados de abrir a xornada. Ao longo da tarde, a praza Maior converteuse nun gran escenario das corais lucenses, onde as múltiples formacións, actuaron ao longo da tarde, rematando ás 20:30 cun ha actuación conxunta de todas as corais participantes, simbolizando a unión e a forza da música e da lingua galega.

A praza da Mosqueira converteuse nesta xornada nun espazo de celebración da lingua galega, habilitando un espazo no que centos de veciñas e veciños se puideron fotografiar co monumento máis importante da cidade e coa súa palabra preferida da lingua galega. As e os edís da Tenencia de Alcaldía realizaron esta acción coa palabra  “CANTAREIRA”, escollida como palabra do ano 2024 e que representa a homenaxe ás mulleres que ao longo dos séculos mantiveron vivo o cancioneiro popular e a lingua do país, sendo ademais as protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, dedicado á poesía popular oral e ás creadoras de cantigas. A palabra foi incorporada recentemente ao paseo das Palabras do Ano na rúa Menorca.

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-celebra-o-dia-das-letras-galegas-con-diversas-actividades-ao-longo-da-xornada