Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo celebra o Día da Xuventude convidando á mocidade a propoñer as actividades que lle gustaría facer

Lugo celebra o Día da Xuventude convidando á mocidade a propoñer as actividades que lle gustaría facer

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 12 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra o Día da Xuventude convidando á mocidade a propoñer as actividades que lle gustaría facer

Lugo celebra o Día da Xuventude convidando á mocidade a propoñer as actividades que lle gustaría facer. A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, pon en marcha esta iniciativa, a través do Facebook de Xuventude de Lugo, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 35 anos, coa finalidade de coñecer as propostas en actividades formativas ou de lecer que lles gustaría que fosen organizadas dende a concellería. Búscase, deste xeito, desenvolver un programa que se axuste aos gustos da poboación máis nova.

Para participar débese acceder ao Facebook de Xuventude de Lugo (facebook.com/XuventudeLugo) e deixar un comentario na publicación correspondente a esta información, onde se poderá indicar o tipo de obradoiros ou talleres formativos, visitas, rutas e outras actividades que poderían ser organizadas dende o Concello de Lugo, en cumprimento coas inquietudes dos mozos e mozas. O prazo finalizará nun mes.

A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude convida á mocidade activa de Lugo a participar e facer as súas propostas, coas que Lugo dará resposta aos intereses deste colectivo.

Audio

  • A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, sobre o Día Mundial da Xuventude | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-celebra-o-dia-da-xuventude-convidando-mocidade-proponer-actividades-que-lle-gustaria

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/120820_dia_mundial_xuventude.mp3