Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acollerá o vindeiro 26 de marzo unha nova edición do Torneo de Ensino Medio de xadrez

Lugo acollerá o vindeiro 26 de marzo unha nova edición do Torneo de Ensino Medio de xadrez

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento e a Escola Luguesa de Xadrez organizan esta cita dentro da programación anual dedicada a este deporte

O torneo, dirixido a estudantes de ensino medio, reunirá a máis de 120 mozos e mozas no soto da Praza de Abastos

  • Tema
    • Deportes,
    • Educación,
    • Formación
Luns, 16 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acollerá o vindeiro 26 de marzo unha nova edición do Torneo de Ensino Medio de xadrez

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez, continúa coa programación anual dedicada a este deporte cunha nova edición do Torneo de Ensino Medio, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de marzo.

O torneo está dirixido a estudantes de centros educativos de ensino medio. Cada centro poderá participar cun máximo de 25 representantes, e tamén poderá sumarse profesorado ou persoal do centro que desexe participar. Cada ano, esta cita reúne a máis de 120 mozos e mozas, consolidándose como unha das actividades de xadrez escolar máis destacadas da cidade.

A competición disputarase a cinco roldas, con partidas cun ritmo de 10 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada.

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo mantén así o seu compromiso por achegar actividades educativas e deportivas aos centros escolares, organizando un ano máis estes torneos que terán lugar nun espazo emblemático da cidade como é o soto da Praza de Abastos. Estas iniciativas buscan fomentar o pensamento estratéxico, a convivencia e o interese polo xadrez entre a mocidade lucense.

Audio

  • Iria Buide, sobre o Torneo de Ensino Medio de xadrez | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acollera-o-vindeiro-26-de-marzo-unha-nova-edicion-do-torneo-de-ensino-medio-de-xadrez

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20260316_iria_buide_torneo_xadrez.mp3