Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo acolle esta fin de semana o Segundo encontro de dirección organizado polas escolas de música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol

Lugo acolle esta fin de semana o Segundo encontro de dirección organizado polas escolas de música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol

A cita desenvólvese durante esta fin de semana nas instalacións da Escola Municipal de Música e no MIHL

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron o encontro, e conversaron con Cristóbal Soler, presidente da asociación de directores de orquestra

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Formación
Sábado, 30 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle esta fin de semana o Segundo encontro de dirección organizado polas escolas de música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro visitaron as instalacións da Escola Municipal de Música onde se está a desenvolver o segundo encontro de dirección, organizado polas escolas de música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol en colaboración coa Escola Municipal de Música de Lugo e a Área de Cultura do Concello de Lugo.

O Encontro está dirixido por Cristóbal Soler, presidente da Asociación Española de Directores de Orquestra e director das orquestras do Teatro Real, Orquestra de RTVE e Orquestra Nacional de España, con quen Maite Ferreiro e Rubén Arroxo mantiveron un encontro “para aumentar a colaboración entre o Concello de Lugo e esta asociación e achegar á nosa programación cultural as mellores orquestras do estado”, segundo explicou Maite Ferreiro.

O encontro de dirección terá lugar durante esta fin de semana nas instalacións da Escola Municipal de Música e no MIHL. No programa inclúense aulas de análise de repertorio e técnica de dirección e ensaios con agrupacións instrumentais, como ensembles instrumentais ou bandas. Ademais, daranse aulas abertas a estudantes de dirección, tanto teóricas como prácticas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-acolle-esta-fin-de-semana-o-segundo-encontro-de-direccion-organizado-polas-escolas-de