Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez reparte 400 abetos entre os comercios da campaña Nadalmente Lucense para incentivar a compra de barrio

Lara Méndez reparte 400 abetos entre os comercios da campaña Nadalmente Lucense para incentivar a compra de barrio

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Comercio
Mércores, 21 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reparte 400 abetos entre os comercios da campaña Nadalmente Lucense para incentivar a compra de barrio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e edil responsable de Medio Ambiente, Miguel Fernández, iniciaron o reparto de 400 abetos de Nadal nos comercios locais adscritos ao movemento Localmente Lucense - activado para dinamizar a economía de proximidade- en todos os barrios para incentivar a compra local.

Esta campaña, enmarcada na campaña Nadalmente Lucense, repetiuse un ano máis despois de que a solicitasen os propios comerciantes tras o éxito de edicións anteriores. "Todo vai enfocado a fomentar o negocio de proximidade, facendo os establecementos máis agradables en época de Nadal cunha decoración natural e típicas destas datas, seguindo o modelo de cidade verde e sostible no que estamos a traballar” .

Sinalar que, a través desta mesma concellería, se procederá á recollida de abetos naqueles comercios que non desexen quedarse con eles unha vez pasadas as festas de Nadal, co fin de replantalos nos espazos verdes da cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-reparte-400-abetos-entre-os-comercios-da-campana-nadalmente-lucense-para