Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez recolle o galardón ‘Institución Amiga’ do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes polo impulso da igualdade

Lara Méndez recolle o galardón ‘Institución Amiga’ do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes polo impulso da igualdade

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Igualdade
Mércores, 22 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recolle o galardón ‘Institución Amiga’ do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes polo impulso da igualdade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe o galardón ‘Institución Amiga’ deste ano que o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes concede á concellería de Muller e Igualdade pola súa labor no impulso da igualdade e pola “súa contribución á transmisión do patrimonio musical galego promovendo a igualdade neste eido”.

A rexedora, acompañada da concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, recibiu o recoñecemento de mans do director instituto, Francisco Javier Núñez, e da coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística. O acto, no que tamén se presentou a revista escolar Tempus Galegos, contou cunha actuación musical dos alumnos.

Méndez puxo en valor a iniciativa, que naceu no curso académico 2014-2015, e lanzou unha mensaxe ao alumnado sobre a necesidade de crecer “sabendo que somos iguais e que ás mulleres temos as mesmas capacidades que os homes para chegar todo o lonxe que queiramos, e que debemos, entre todos, administracións e sociedade, rachar cos estereotipos de xénero e coas desigualdades”. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-recolle-o-galardon-institucion-amiga-do-ies-nosa-senora-dos-ollos-grandes-polo