Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez preside a toma de posesión de 11 oficiais da Policía Local, entre eles a primeira muller que alcanza este cargo

Lara Méndez preside a toma de posesión de 11 oficiais da Policía Local, entre eles a primeira muller que alcanza este cargo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público,
    • Servizos xerais
Luns, 14 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a toma de posesión de 11 oficiais da Policía Local, entre eles a primeira muller que alcanza este cargo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu hoxe a toma de posesión de once oficiais da Policía Local, entre os cales se atopaba María López Palacios, a primeira muller que alcanza este cargo nos 160 anos de historia do corpo municipal.

A rexedora destacou a importancia de incrementar o número de mulleres no corpo, especialmente en postos de responsabilidade apuntando que “o nomeamento de María é un paso máis cara á igualdade”.

No acto, no que tamén estiveron presentes a edil responsable da área económica, Paula Alvarellos, e o Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, a alcaldesa felicitou aos novos oficiais, dándolles os parabéns e poñendo en valor o traballo que asumen co obxectivo último e final de protexer á cidadanía e facer de Lugo unha cidade mellor.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-preside-toma-de-posesion-de-11-oficiais-da-policia-local-entre-eles-primeira