Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa na apertura das XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, coas que colabora o Concello

Lara Méndez participa na apertura das XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, coas que colabora o Concello

O encontro, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, reúne en Lugo durante 3 días a máis de 100 profesionais de toda Galicia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Sanidade
Venres, 20 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres no Salón de Actos da Deputación de Lugo na apertura das XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) coa colaboración do Concello. Ao acto tamén asistiron o deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, a presidenta do comité organizador destas xornadas, Delia Guitián e o vogal do COPG, Víctor Torrado.

No acto, a rexedora fixo fincapé en que cada vez con maior asiduidade a nosa cidade é sede de todo tipo de encontros. “Lugo avanza, e ademais de ser unha cidade cun gran patrimonio cultural, histórico, medioambiental e gastronómico, quere tamén ser cuna de pensamento”, asegurou Méndez, quen convidou aos participantes a gozar da cidade luguesa durante os 3 días que duran as xornadas.

As XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, que reúne en Lugo a máis de 100 profesionais de toda Galicia, buscan fomentar o intercambio de coñecementos e a experiencia clínica respecto á conceptualización da personalidade e da identidade no actual contexto social, así como o seu manexo dende a psicoterapia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-participa-na-apertura-das-xx-xornadas-da-seccion-de-psicoloxia-e-saude-coas-que