Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez destaca o valor da educación en igualdade desde a infancia, “a arma máis potente contra as violencias machistas”

Lara Méndez destaca o valor da educación en igualdade desde a infancia, “a arma máis potente contra as violencias machistas”

A alcaldesa de Lugo e a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, entregan agasallos de ‘Mulleres con Forza’ aos nenos e nenas do programa Aprende Xogando

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Igualdade,
    • Violencia de xénero
Sábado, 12 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o valor da educación en igualdade desde a infancia, “a arma máis potente contra as violencias machistas”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, visitaron no Centro de Convivencia Maruja Mallo aos nenos e nenas que están a participar en Aprende Xogando, programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lugo.

A visita fíxose coincidir coa proximidade do 8-M para entregarlles aos pequenos agasallos de ‘Mulleres con Forza’, a marca de cidade impulsada polo Executivo de Lara Méndez no mandato pasado para visibilizar o apoio dos e das lucenses á loita pola igualdade. “A arma máis potente contra as violencias machistas é a educación en igualdade”, destacou a rexedora.

Lara Méndez contestou preguntas dos cativos, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, que se amosaron moi interesados polo traballo que realiza unha alcaldesa, e tivo a ocasión tamén de xogar con eles.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-destaca-o-valor-da-educacion-en-igualdade-desde-infancia-arma-mais-potente-contra