Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez destaca o labor do INE como transmisor da realidade social que “nos permite aos Concellos mellorar a vida da veciñanza”

Lara Méndez destaca o labor do INE como transmisor da realidade social que “nos permite aos Concellos mellorar a vida da veciñanza”

A rexedora acompañou ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, durante unha visita ás novas instalacións que o Instituto Nacional de Estatística ocupa no antigo Sanatorio Portela.

A alcaldesa enxalzou a decisión do Executivo local de conservar este edificio, que “enriquece o patrimonio da nosa cidade dende o punto de vista histórico e tamén arquitectónico”.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Novas tecnoloxías
Mércores, 03 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o labor do INE como transmisor da realidade social que “nos permite aos Concellos mellorar a vida da veciñanza”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañou esta mañá ao Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, durante a visita que ámbolos dous dirixentes realizaron ás novas instalacións do Instituto Nacional de Estatística en Lugo, con sede no coñecido como antigo Sanatorio García Portela.

A rexedora puxo en valor o edificio, “a nivel construtivo, por ser unha das poucas mostras do racionalismo que seguen en pé en Lugo”, e destacou tamén a acertada decisión adoptada no seu día polo Concello “cando escolleu a opción de mantelo e conservalo, enriquecendo o patrimonio da cidade dende o punto de vista histórico e tamén arquitectónico”.

Lara Méndez incidiu, alén, en que o inmoble ten hoxe un gran uso ao albergar as dependencias do INE, en tanto “este organismo cumpre unha misión fundamental: trasladarnos todos aqueles datos de interese e que revelan as tendencias sociais para que as administracións públicas, coas políticas que poñemos en marcha e a xestión que facemos, poidamos mellorar a vida da cidadanía”.

A alcaldesa subliñou igualmente o incremento da confortabilidade que supuxo para o cadro de persoal o traslado a este edificio “e que estamos seguros redundará na calidade do servizo que prestan”, e agradeceu o papel desempeñado até o momento por, José Miñones así como “a implicación do Goberno Central, nun contexto tan complexo como o que nos toca vivir e que debemos aproveitar como un momento de oportunidades para pular pola recuperación do territorio a través dos Concellos”, concluíu Lara Méndez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a visita ó INE | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-destaca-o-labor-do-ine-como-transmisor-da-realidade-social-que-nos-permite-aos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/031121_lara_mendez_-_visita_ine.mp3