Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez deséxalle moitos éxitos a Sergio Vallejo na súa primeira participación no Rali Dakar, co patrocinio do Concello

Lara Méndez deséxalle moitos éxitos a Sergio Vallejo na súa primeira participación no Rali Dakar, co patrocinio do Concello

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Deportes
Sábado, 26 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez deséxalle moitos éxitos a Sergio Vallejo na súa primeira participación no Rali Dakar, co patrocinio do Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado na presentación pública do coche co que o piloto lucense, Sergio Vallejo, correrá na vindeira edición do Rali Dakar 2023, un Century Racing CR6. Méndez aproveitou o evento para desexar “moitos éxitos” ao corredor que participará por primeira vez nesta competición.

A proba desenvolverase entre o 31 de decembro e o 15 de xaneiro de 2023 en Arabia Saudí. O Concello apoia a participación de Vallejo sendo un dos seus patrocinadores nesta cita internacional. Vallejo é un colaborador habitual do Concello, así, impartiu varias sesións formativas vinculadas ao mundo do motor para mozos e mozas de entre 16 e 40 anos dentro da programación do +Xti incluída, posta en marcha pola área de Xuventude e Deportes enmarcada no Plan Nacional Sobre Drogas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-desexalle-moitos-exitos-sergio-vallejo-na-sua-primeira-participacion-no-rali-dakar