Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Instalada no Vello Cárcere a exposición O río que nos move

Instalada no Vello Cárcere a exposición O río que nos move

Maite Ferreiro: “temos que coñecer o que temos máis próximo, no noso entorno, o río é fundamental para a nosa existencia”.

A exposición será visitable entre o 8 e o 30 de maio no Centro Cultural do  Vello Cárcere.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Martes, 05 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Instalada no Vello Cárcere a exposición O río que nos move

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro,  visitou a instalación da exposición O río que nos move.  En 1985, cinco mozos do Baixo Miño decidiron descubrir ese río dende dentro. Construíron unhas canoas e puxeron rumbo á aventura, para concluír a primeira baixada completa e probablemente aínda única. Aquela travesía convértese agora nun proxecto expositivo con mostras en oito concellos significativos, de abril a novembro de 2026, que recuperan a memoria da viaxe e invitan a mirar cara ao noso gran río: o seu estado e valores que nos ofrece. No tempo dos camiños e camiñantes, a do Pai Miño é a gran ruta por descubrir. 

O río Miño é máis ca un curso de auga. Nace na serra de Meira e percorre 317 quilómetros ata entregarse ao Atlántico ao pé do monte Trega, atravesando boa parte de Galicia, camiño no que modelou paisaxes e deu vida, riqueza e costumes. Polo seu caudal e traza sobre o mapa, os primeiros galeguistas viron nel un símbolo, ao que designaron Pai Miño. 

  • TODA A INFO DA MOSTRA EN: https://orioquenosmove.gal/ [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/instalada-no-vello-carcere-exposicion-o-rio-que-nos-move

Ligazóns:
[1] https://protect.checkpoint.com/v2/r02/___https:/orioquenosmove.gal/___.YzJlOnBsZXh1c3RlY2g6YzpvOjJkYmIxOWNkYTEwY2IxZTc0OWIzYzk2MzM1OTYwZjVmOjc6ZWFkYTo0ZmRmODhkNDQ3MWY4OGJjZWIxMjg5NTVkZGQ0NmIzOWY4NDMyZGQ2MzE2Y2YxNGQ1OTVhNjhhYzBmNDcxOTc2Omg6VDpG