Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A exposición itinerante que amosa os quince anos do Proxecto Terra chega a Lugo

A exposición itinerante que amosa os quince anos do Proxecto Terra chega a Lugo

Miguel Fernández e Ana Abelleira asistiron á inauguración desta mostra, composta por 8 prismas, que pretende concienciar dende a infancia sobre a importancia de coidar o medio ambiente

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Martes, 19 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A exposición itinerante que amosa os quince anos do Proxecto Terra chega a Lugo

O voceiro municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiron este martes na Praza de San Marcos á inauguración da exposición itinerante que conmemora os 15 anos do Proxecto Terra. A mostra está composta por 8 prismas onde se mostra o paso do tempo desta iniciativa posta en marcha polo Colexio de Arquitectos de Galicia, que pretende concienciar dende a infancia sobre a importancia de coidar o medio ambiente. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposicion-itinerante-que-amosa-os-quince-anos-do-proxecto-terra-chega-lugo