Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este mércores haberá unha xornada de portas abertas nas escolas infantís dirixida ás persoas solicitantes de praza de novo ingreso

Este mércores haberá unha xornada de portas abertas nas escolas infantís dirixida ás persoas solicitantes de praza de novo ingreso

O Concello abre as portas das garderías infantís municipais ás persoas que solicitan prazas por primeira vez, para que as visiten en horario de 17:00 a 19:00 horas

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino
Luns, 13 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As catro escolas infantís municipais do Concello, Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer, estarán a disposición das familias solicitantes por primeira vez de matrícula para o vindeiro curso escolar, nunha xornada de portas abertas que terá lugar este mércores, 15 de marzo.

O horario de visita a estas garderías municipais será, en todas elas, de 17:00 a 19:00 horas. Deste xeito, as persoas solicitantes poderán visitar as instalacións destas dependencias municipais que, por primeira vez, estarán a disposición dos usuarios tamén no mes de agosto, para mellorar a conciliación da vida laboral e familiar no período estival.

A solicitude de matrícula está aberta ata o 5 de abril, debendo presentarse a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público, de 9:00 a 14:00 horas.

Haberá un total de 37 prazas de novo ingreso nas escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luis Soto Menor, 7 prazas de 3 meses a 1 ano, 4 de un a dous anos e 26 de 2 a 3 anos. Por outra banda, a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas de novo ingreso, 7 para cativos de 3 meses a 1 ano, 4 para nenos de 1 a 2 anos, e 20 de 2 a 3 anos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-mercores-habera-unha-xornada-de-portas-abertas-nas-escolas-infantis-dirixida-persoas