Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Deportes colabora co XV Criterium Aeronáutico, unha cita que supón un importante revulsivo económico na cidade

Deportes colabora co XV Criterium Aeronáutico, unha cita que supón un importante revulsivo económico na cidade

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Xoves, 14 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes colabora co XV Criterium Aeronáutico, unha cita que supón un importante revulsivo económico na cidade

O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, asistiu este xoves, á presentación do XV Criterium Aeronáutico, que organiza o Real Aeroclub de Lugo, terá lugar do 21 ao 25 de xullo no aeródromo de Rozas, e coincide, un ano máis, coa Volta Aérea a Galicia.

O edil puxo en valor “o esforzo do Real Aeroclub por sacar adiante esta cita, coa que colaboramos un ano máis desde o Concello, un evento que pola variedade e calidade das actividades que ofrece, supón un importante revulsivo económico, xa que reunirá a miles de persoas, entre pilotos e afeccionados, e sen dúbida dinamizará a economía local e provincial” ao tempo que convidou á cidadanía a achegarse ao Criterium e gozar en familia desta alternativa lúdica deportiva.

O acto tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e no mesmo tamén participaron o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; o presidente do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira; o Alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado Teijeiiro, e o xefe do servizo autonómico de Deportes en Lugo, Manuel Otero.

A XV edición do Criterium Aeronáutico conta cunha ampla programación de actividades dirixidas a todas as idades. Haberá avións acrobáticos, saltos en paracaídas, exposicións de drons, exhibicións e demostracións de pilotos profesionais. As persoas interesadas en participar nas actividades poden inscribirse ou solicitar máis información no correo criteriumaeronautico@gmail.com [1] ou no teléfono 982.310.114.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/deportes-colabora-co-xv-criterium-aeronautico-unha-cita-que-supon-un-importante-revulsivo

Ligazóns:
[1] mailto:criteriumaeronautico@gmail.com