Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Daniel Piñeiro supervisa a limpeza das pintadas da fachada da Casa Sindical

Daniel Piñeiro supervisa a limpeza das pintadas da fachada da Casa Sindical

Nas tarefas participaron catro operarios, que se ocuparon de sinalizar a zona e garantir o paso dos peóns, e un traballador cunha máquina hidrolimpadora

  • Tema
    • Limpeza,
    • Urbanismo
Mércores, 16 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro supervisa a limpeza das pintadas da fachada da Casa Sindical

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este mércores os traballos de limpeza das pintadas existentes na fachada do edificio da Casa Sindical, que desenvolveu o servizo de limpeza municipal entre as 7.00 e as 10.30 horas. Nas tarefas participaron catro operarios, que se ocuparon de sinalizar a zona e garantir o paso dos peóns, e un traballador cunha máquina hidrolimpadora.

Para realizar estes traballos, o Gabinete de Tráfico da Policía Local, xunto co servizo municipal de limpeza, estableceron medidas circulatorias coas que se garantiu a seguridade dos peóns e do tráfico.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/daniel-pineiro-supervisa-limpeza-das-pintadas-da-fachada-da-casa-sindical