Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López e Maite Ferreiro participaron esta mañá na 1ª Andaina solidaria organizada pola ACARLU

Cristina López e Maite Ferreiro participaron esta mañá na 1ª Andaina solidaria organizada pola ACARLU

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Desenvolvemento local,
    • Sanidade
Domingo, 14 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López e Maite Ferreiro participaron esta mañá na 1ª Andaina solidaria organizada pola ACARLU

Cristina López e Maite Ferreiro participaron esta mañá na 1ª Andaina solidaria organizada pola Asociación Cardiolóxica Lucense (ACARLU), unha iniciativa aberta á veciñanza que combinou a promoción de hábitos de vida saudables cun paseo polo casco histórico da cidade. 

A actividade partiu da Praza de Abastos e contou cun percorrido guiado polo guía turístico lucense Guido Guía, servindo tamén para visibilizar o labor que desenvolve ACARLU no apoio ás persoas con doenzas cardíacas e na promoción da saúde.

A concelleira de Participación, Cristina López, destacou a importancia de “colaborar co tecido asociativo de Lugo en iniciativas coma esta, que contribúe a mellorar a saúde das persoas afectadas por enfermidades cardíacas”. López lembrou ademais que a Praza e o Mercado Municipal están abertos á participación da veciñanza e das asociacións para a organización de diferentes actividades, co obxectivo de facer destes espazos públicos lugares referenciais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-e-maite-ferreiro-participaron-esta-mana-na-1a-andaina-solidaria-organizada-pola