Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Medio Rural conclúe o arranxo dunha estrada en Carballido

A concellería de Medio Rural conclúe o arranxo dunha estrada en Carballido

Os traballos de rexeración, que tiveron un custo de 18.824 euros, incluíron a limpeza das beiravías e a extensión de formigón asfáltico no vial, dende a estrada LU-530 ata o propio núcleo.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras rematadas,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural
Martes, 07 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Rural conclúe o arranxo dunha estrada en Carballido

A concellería de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández vén de concluír os traballos de rexeneración e mellora dunha estrada que conduce ao núcleo de Carballido, dende a LU-530.

As obras de rexeneración, que supuxeron un investimento municipal de 18.824 euros, consistiron, fundamentalmente, na limpeza do vial, incluídas as beiravías, e na extensión de formigón asfáltico.

Miguel Fernández explicou que “a intervención obedece á necesidade de incrementar a calidade das infraestruturas do rural e de abordar tamén a súa conservación e mantemento, dando servizo á veciñanza dos núcleos co obxectivo de aumentar, alén da seguridade viaria, a durabilidade das dotacións públicas”, indicou o edil que fixo fincapé tamén na gran utilidade que esta estrada ten entre as persoas residentes na contorna xa que ademais de dar acceso ás vivendas conduce directamente á Igrexa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-medio-rural-conclue-o-arranxo-dunha-estrada-en-carballido