Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas Urbanas reactiva actuacións detidas pola crise sanitaria

A concellería de Infraestruturas Urbanas reactiva actuacións detidas pola crise sanitaria

Alexandre Penas: “este mércores retomarase a colocación do busto de Xoán Montes na praza Maior”

Comezará tamén a limpeza do entorno do auditorio municipal para comezar a pavimentación

  • Tema
    • COVID-19,
    • Infraestruturas,
    • Sanidade
Martes, 19 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas Urbanas reactiva actuacións detidas pola crise sanitaria

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que mañá se reactivarán dúas actuacións que foran detidas debido á crise sanitaria do COVID-19. Segundo declarou Alexandre Penas, “retomaranse os traballos de colocación do busto de Xoán Montes na praza Maior e comezará a limpeza do entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire”.

O traslado do busto de Xoán Montes faise por iniciativa de varios colectivos culturais de Lugo, e ten o obxectivo de resituar a figura do músico no centro de Lugo. “A ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza Maior, o Círculo das Artes e a Catedral”, lembrou Alexandre Penas.

A empresa Ovisa comezará mañá os traballos de limpeza para posteriormente asfaltar o entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Alexandre Penas afirmou que se trata “dunha actuación necesaria, e pedida polas persoas usuarias tanto do Auditorio coma do parque da Milagrosa, debido ao estado de deterioro no que se atopa actualmente”. “Ademais, esta actuación servirá tamén para ampliar o espazo do mercado de Frigsa”, afirmou Alexandre Penas.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o reinicio das actuacións en infraestruturas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-urbanas-reactiva-actuacions-detidas-pola-crise-sanitaria

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200519_alexandre_penas_reinicio_actuacions_infraestruturas.mp3